Adaptan o patio do recreo do colexio de Moraña para fomentar a socialización e previr o acoso
Por Redacción
O colexio Santa Lucía de Moraña incorpórase ao proxecto de Patios Dinámicos coa remodelación das zonas de lecer exteriores e a dotación de xogos e mobiliarios que favorecen a inclusión e cooperación de todo o alumnado durante o tempo de recreo.
Para favorecer a conviencia entre os máis de 400 escolares do centro procedeuse a realizar unha zonificación do patio que ten como meta fomentar hábitos saludabeles, gozar dunha contorna natural e sostible, desenvolver actividades físicas e xogos activos, o incremento da comunicación e as habilidades sociais, a prevención do acoso e a utilización destes espazos como ferramenta pedagóxica.
O novo modelo de patio establece unha zona tranquila para descanso e xogos de baixa intensidade, unha semiactiva orientada á aprendizaxe e á expresión artística e unha terceira de maior actividade para desenvolver iniciativas de alta intensidade e deportes.
Estas actuacións inclúen a dotación de xogos elaborados con material reciclado, mobiliario de madeira e a preparación de zonas verdes e mesmo unha horta. A medio prazo esperan incorporar instalacións topográficas lúdicas, areneros, xardineiras e mesmo cabanas.
Con motivo desta mellora, a alcaldesa de Moraña, Luísa Piñeiro, realizou unha visita ao colexio acompañada pola directora, Silvia Padrón. A rexedora destacou a constante potenciación do centro, que recibiu máis de 500.000 euros para a súa completa rehabilitación e que continúa recibindo fondos para seguir mellorando". Avanzou Piñeiro que a próxima actuación de mellora en centros educativos do municipio terán lugar na escola infantil de Galiña Azul.
Relacionadas:
-
O colexio Santa Lucía súmase ao plan de compostaxe municipal de Moraña
Por Redacción |
-
Moraña activa o Plan Madruga escolar
Por Redacción |
-
Os nenos e nenas de Moraña editan o seu primeiro libro sobre igualdade
Por Redacción |
-
Moraña conmemora o 25-N cunha pancarta e actividades educativas
Por Redacción |