Reclaman a eliminación inmediata das fochancas da Rúa da Santiña
Por Redacción
Residentes da Rúa da Santiña manifestan o seu malestar polo estado que presenta o pavimento da calzada con numerosas fochancas. Segundo denuncian, esta situación supón un perigo para o tráfico de turismos pero, sobre todo, para ciclistas, motoristas, peóns e mesmo menores que circulan ou camiñan por esa contorna.
Segundo denuncian persoas da veciñanza, este malestar foi trasladado ao Concello pero sen que, ata o momento, se resolva a incidencia. Sinalan que unha das fochancas ten grandes dimensións ata o punto de que "parece unha piscina municipal" e a auga causa humidades nunha casa.
Por este motivo reclaman unha actuación inmediata que permita circular con seguridade por esta vía.
A concelleira Eva Vilaverde, responsable de Protección Cidadá, afirmou a PontevedraViva que está prevista a reparación dese pavimento antes de que se acometa a reforma integral da Rúa da Santiña.
A intervención integral prevista nesta rúa vai levarse a cabo desde a Avenida da Coruña ata a Rúa da Gándara. Desde o goberno local agárdase que estas obras se leven a cabo durante este 2020 coa intención de que poida estar rematada no 2021, ano de celebración do Xacobeo.
Relacionadas:
-
O Concello e COVSA estudan que áreas priorizar no arranxo de espazos urbanos
Por Alejandro Espiño |
-
A Santiña terá plataforma única e reforzará a súa identidade como Camiño de Santiago
Por Alejandro Espiño |
-
Sae a licitación a reordenación da avenida da Coruña, que cambiará sentidos de tráfico arredor de Pasarón
Por Redacción |