Sanxenxo espera contratar este verán a un total de 70 socorristas e ata 20 sanitarios
Por Oskar Viéitez
O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza, informou en rolda de prensa que o Concello de Sanxenxo prevé contratar este verán a un total de 70 socorristas e ata 20 sanitarios.
Ademais Deza indicou que o goberno local marcouse como obxectivo para a próxima tempada estival desdobrar as bandeiras azuis nos areais Areas Gordas e Foxos e A Nosa Señora da Lanzada e A Lapa e obter a bandeira azul para Area de Agra e por agora "todos os parámetros dannos para poder conseguila", asegura o edil de Medio Ambiente.
O concelleiro de Medio Ambiente repasou as 202 actuacións realizadas en dous anos en 17 areais do municipio, entre as que destacan a renovación de módulos de baños e salvamento, melloras de accesibilidade como escaleiras e varandas, renovación de pasarelas e ata actuacións en postes e cableados que afeaban a imaxe de areais tan coñecidos como Silgar.
Juan Deza tamén valorou positivamente a eliminación de papeleiras e a colocación de contedores nos accesos aos areais e a substitución das 32 duchas por outros tantos lavapiés "foi un acerto e unha forma de consumir auga de forma responsable e sen malgastar", dixo.
Todas estas melloras nas que supuxeron un investimento de 912.000 euros na que non se inclúe o custo do mantemento dos areais nin tampouco os servizos de vixilancia e sanitarios.