'Batallas de galos' na Finca de Briz
Por Redacción
A contorna da Finca de Briz en Marín leva un tempo acollendo batallas de rap de xente nova, as coñecidas como 'batallas de galos', unha disciplina musical cada vez máis popular.
Agora esas reunións, na que os mozos e mozas rétanse coas palabras, terá certa oficialidade cun campionato autonómico.
O grupo Best Hit Battles, formado por dous marinenses como Bastián Hermo e Pablo Vázquez, está detrás destas convocatorias e agora da organización dunha clasificatoria a nivel autonómico, que servirá de pasarela para a final deste campionato galego.
Os organizadores, que mantiveron unha reunión con representantes do goberno local, esperan que participen no evento entre 30 e 50 mozos e mozas e poidan chegar a reunirse na Finca de Briz ata 300 persoas.
A primeira clasificatoria terá lugar o 22 de febreiro a partir das 18.00 horas. As inscricións formalizarse escribindo unha mensaxe privada a conta de Instagram de Best Hit Battles (@bhb.edition).
O custo para participar é de 3,50 euros por persoa, diñeiro co que recadarán os fondos para que a persoa que gañe o campionato galego poida viaxar ata Alacante e representar a Galicia no campionato a nivel estatal que se celebrará en agosto.
En canto á final autonómica, terá lugar tamén en Marín o 16 de maio. En caso de choiva, ambos os dous eventos trasladaranse ao pavillón do Sequelo.