Caldas rexeita polo momento acoller o GES de Valga ante as "dúbidas" sobre o seu traslado
Por Redacción
A recolocación en Caldas de Reis do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Valga "non se pode dar por feito como algúns queren facer ver", asegura o tenente de alcalde caldense, Manuel González.
A pesar da decisión tomada pola comisión coordinadora dos GES tras a renuncia de Valga a seguir prestando o servizo, desde o goberno local de Caldas expresan agora as súas dúbidas sobre este cambio de localización.
"Os técnicos municipais estiveron en contacto coa Xunta e analizando o convenio coas condicións do traslado e ven cuestións pouco claras e dúbidas que se deben resolver antes de dar calquera paso. Hai un informe de secretaría moi contundente ao respecto e de momento non temos a seguridade de que vaiamos aceptar este servizo nas actuais condicións", afirma González.
"Temos dúbidas en canto a que nós teñamos que asumir compromisos non adquiridos por outros concellos e, por tanto, mentres non exista seguridade xurídica para os traballadores o traslado quedará paralizado", asegura contundente o tenente de alcalde.
Ademais de Valga e Caldas de Reis, esta unidade do GES daba servizo tamén aos municipios de Pontecesures, Catoira e Portas.
Relacionadas:
-
Moraña acepta a proposta da Xunta e será a nova sede do GES para a comarca do Ulla-Umia
Por Redacción |
-
"Sorpresa maiúscula" na Deputación pola decisión da Xunta de situar o GES en Moraña
Por Oskar Viéitez |
-
Manuel Campos di que "a Xunta utiliza as emerxencias como un xoguete político"
Por Redacción |
-
Moraña ofrécese a acoller o GES do Ulla-Umia despois da renuncia de Caldas
Por Redacción |
-
Caldas só adoptará o GES de Valga se o financian os concellos da Mancomunidade do Ulla-Umia
Por Redacción |
-
Moraña solicitará un obradoiro para combater o desemprego
Por Boris Rodríguez Pintos |
-
O GES de Valga vaise reubicar en Caldas de Reis
Por Redacción |