O tráfico rodado pola rúa Porta Grande será exclusivo para veciños
Por Redacción
O concelleiro de Obras de Pontevedra, Demetrio Gómez, mantivo onte unha reunión cos veciños da rúa Porta Grande do barrio da Parda para informarlles das obras de reurbanización que se están levando a cabo neste vial e resolver as dúbidas dos veciños no referente aos traballos.
Despois de acometer a mellora dos servizos de recollida de augas fecais e pluviais no pasado mes de abril, o Concello executa agora a mellora da plataforma, medidas de acougado do tráfico e a instalación de nova iluminación. Ademais, o paso de vehículos quedará restrinxido unicamente a veciños.
A reunión serviu ademais para aceptar a petición veciñal de incluír a esta rúa na próxima mobilización de limpeza que terá lugar neste barrio pontevedrés.