A CIG leva á rúa a loita pola defensa do emprego en Galicia e reclama a derrogación da reforma laboral
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido
"Pola derrogación das reformas antiobreiras e en demanda da recuperación de dereitos", con este lema, a central sindical CIG convocaba este xoves unha concentración na praza da Peregrina en Pontevedra do mesmo xeito que en distintas cidades e vilas de Galicia para reclamar dos Gobernos do Estado e da Xunta de Galicia soluciones ante a destrución de emprego, principalmente no sector industrial, na comunidade.
Marcos Conde, secretario comarcal dá CIG, afirmaba antes dá marcha que a rúa se ha demostrado que é a única vía para mostrar o descontento e recuperar dereitos. Neste sentido, afirmaba que Galicia atópase nunha situación de emerxencia social e industrial. "Non pode ser que se destrúan máis de 10.000 postos de traballo industrial en Galicia e non se poña remedio", afirmaba o máximo representante comarcal do sindicato.
Lamentaba que desde o novo goberno do Estado estean a matizarse algúns puntos que levaban nos programas electorais como a reforma das pensións e a derrogación da reforma laboral. "Se non se fai, non haberá cambios que afecten á poboación galega", apunta Conde.
Apuntaba tamén a que a mesa de diálogo social para aumentar o salario mínimo aos 950 euros é positivo pero lembrou que se está moi por baixo do salario para a subsistencia normal xa que a clase traballadora sofre unha precariedade absoluta, con menos contratos a tempo completo e con todos os dereitos recoñecidos.
Desde o sindicato lamentan a aplicación das políticas neoliberais que executan os gobernos español e galego provocando un incremento das privatizacións e dos recortes nos servizos públicos. Denuncian o peche de empresas, eliminación de efectivos humanos nos cadros de persoal e deslocalizacións nas producións.
Critican a política socialmente suicida da Xunta consistente no macroturismo, en potenciar o Camiño de Santiago a gran escala e en eucaliptizar o país en favor das grandes corporacións.
Relacionadas:
-
Concentración da CIG para reclamar reformas laborais no Día da Clase Traballadora Galega
Por Boris Rodríguez Pintos & Anxo Lourido |
-
A CIG marcha a pé entre Trevès e Aludec en demanda de medidas que garantan o futuro da automoción
Por Redacción |
-
A CIG demanda ao novo Goberno unhas pensións públicas dignas e garantidas
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |