Estriceres pide á Xunta a mellora da estrada vella de Marín por segunda vez en catro meses
Por Redacción
A asociación de veciños Estriceres, da parroquia de Lourizan, acaba de remitir un escrito á Xunta de Galicia para denunciar, por segunda vez en catro meses, o estado "lamentable" no que se atopa a estrada PO-546, a estrada vella de Marín, e pedir unha actuación urxente da beirarrúa ubicada entre os números 34 e 56 de Estribela.
Segundo denuncian, atópase en situación de derrube, con caída a distinto nivel de aproximadamente dez metros, o valado totalmente tombado e as losetas desplomadas. A beirarrúa ten partes de derrube con respecto ao firme da estrada.
Os veciños acompañan o escrito cunha serie de fotografías de denuncia e lembran que a Xunta xa foi apercibida en setembro desta situación e "non fai nada". Segundo a asociación, esta actitude da Xunta "dá que pensar que está esperando a que algúns peóns e veciños que circulan por esa zona, a cal é moi transitada, sufran un sinistro con morte debido á altura da caída".
A entidade lembra que xa en setembro de 2019 presentaron un escrito similar denunciando o estado de abandono e deixadez desta estrada e, despois da súa entrega, a Xunta procedeu á limpeza e reparación das marxes da estrada. As tarefas aínda están en marcha, pero non afectan a este punto de Estribela no que agora poñen o foco.
En xeral, a veciñanza denuncia a "deixadez" da administración competente, a Xunta, e pide medidas para o calmado de trafico que soporta esta estrada, pois sinalan que supón situacións de risco para os peóns, e tamén unha mellora da sinalización.
O escrito está dirixido á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e céntrase no tramo da estrada entre A Gandarela en Lourizán e o límite xeográfico co Concello de Marín en Estríbela.
Relacionadas:
-
Esixen á Xunta o arranxo "inmediato" da estrada vella a Marín por estar "obsoleta"
Por Alejandro Espiño |
-
Estriceres denuncia as molestias que soporta o vecindario polas obras da depuradora
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O BNG leva ao Parlamento a reforma da estrada vella de Marín
Por Redacción |
-
Reclaman unha actuación "inmediata" na estrada vella a Marín ante o "abandono" da Xunta
Por Redacción |