Récord na recadación de ingresos para o Concello de Ponte Caldelas en 2019
Por Redacción
Os ingresos totais no Concello de Ponte Caldelas durante o ano 2019 sitúanse en 4.898.262,68 euros, unha cifra que é cualificada polo goberno local como a maior recadación da historia deste concello.
O gasto foi de 4.772.361,54 euros, unha cantidade na que se inclúen os 222.706,97 euros con motivo dos pagos por amortización de créditos.
Ao 31 de decembro de 2019, o Concello contaba con 681.199,71 euros de fondos líquidos, diñeiro en caixa, e nestes momentos, segundo o goberno de Andrés Díaz, o remanente de tesourería sitúase ao redor dos 300.000 euros.
No próximo pleno municipal, levará un recoñecemento extraxudicial de crédito de 680.735,89 euros. Ante estes números, Díaz afirma que a recadación e a liquidez do Concello son históricas e que a liquidación anual mostra que o municipio conta con "boa saúde económica".