A Policía Local de Marín incorpora un novo programa de xestión que axilizará o seu traballo
Por Redacción
A Policía Local de Marín estreará este xoves un novo programa de xestión de trámites policiais co que poderán levar a cabo practicamente todo tipo de tarefas administrativas.
O sistema empezará unha vez rematen as labores de instalación e permitirá realizar xestións como atestados ou cubrir anotacións sobre cuestións municipais ou de servizos.
A maior vantaxe que traerá consigo este novo sistema é a homoxeneización dos trámites, coa creación de protocolos comúns para todas as policías locais, e a axilización do traballo para os axentes.
Segundo a información facilitada polo Concello de Marín, o programa desenvolvérono policías locais de Carballo que este mércores visitaron o Museo Manuel Torres de Marín.
Os artífices do programa impartiron unha xornada de formación destinada aos policías de Marín para que aprendan a utilizar o novo software