Salcedo, disposta a rebaixar o canon polo monte da Brilat de 450.000 a 277.500 euros anuais
Por Natalia Puga
O próximo mércores 24 de xullo retómanse en Madrid as negociacións entre a comunidade de montes de Salcedo e o Ministerio de Defensa para acordar o canon que deberá pagar a Administracións para que a Brilat ocupe os terreos que a Xustiza lle deu os veciños de Salcedo. A reunión intentará pechar xa o tira e afrouxa que manteñen dende hai meses e poñer unha cifra consensuada ao canon e os comuneiros poñerán novos números sobre a mesa. Acordáronos este venres en asemblea e supoñen demandar o pagamento aboamento anual de 277.000 euros.
A nova cifra que manexan os comuneiros é un 40% inferior á demandada inicialmente de 450.000 euros ao ano. Na súa anterior reunión con Defensa reclamáronlle 0,5 euros por metro cadrado de superficie comunal ocupada pola base General Morillo, isto é 5.000 euros a hectárea. A nova oferta é de 0,3 euros o metro cadrado, 3.000 euros por cada unha das 92 hectareas que o Tribunal Supremo ten ratificado que é titularidade dos veciños.
Esta redución xa a adiantou o presidente dos comuneiros Fernando Pintos, a principios de semana, pero non se lle puxo un número final ata a asemblea de comuneiros celebrada na tarde-noite deste venres. A Xunta Directiva quería que fosen os propietarios reais do monte, os integrantes da Comunidade, os que a acordasen e os asistentes mostráronse dispostos a facer o "esforzo" proposto.
En caso de que esa terceira reunión de negociación prevista nos próximos días se peche sen acordo, os comuneiros interpretarán que hai falta de vontade por parte do Ministerio de Defensa para negociar un canon que, polo momento, é a única opción de que a Brilat continúe na súa situación actual na base General Morillo, que ocupa terreos que xa son dos veciños de Salcedo e que os xulgados pontevedreses deron tamén aos veciños de Figueirido e Vilaboa, se ben nestes dous casos a sentenza está recorrida no Supremo. Salcedo gañou tamén no Alto Tribunal, pero os outros recursos están aínda sen resolver.
Se non se aveñen a negociar, descartan retomar as negociacións, pois advirten a Defensa que a súa vontade negociadora é total e que rebaixaron substancialmente as súas demandas malia que contan con informes xurídicos que lles avalarían para reclamar ata 1,2 ou 1,8 millóns de euros. Trátase de taxacións do Xulgado Provincial de Expropiacións doutros terreos similares que teñen en conta que das hectáreas que xa son propiedade dos comuneiros 32,5 son chan urbanizable, de modo que se prezo dispárase.