Queimada 'de libro' en Marín
Por Redacción
Marín elaborou este venres unha queimada de libro, non só porque se utilizou a receita tradicional, senón porque o obxectivo que perseguía era entrar no libro Guinness de los Récords. A cita foi a partir das 20.00 horas da tarde e cumpriu o seu obxectivo, crear unha bebida tan grande que bata a marca actual.
Para iso, os organizadores utilizaron 2.000 litros de augardente, que mesturaron nun recipiente xigante cos ingredientes que non poden faltar en ningunha queimada que se prece: limón, grans de café, azucar e lume.
Tras queimar a augardente e ler o 'conxuro', veciños e visitantes puideron gozar da tradicional beberaxe galega, pero, neste caso, dun moi especial, un de récord.
A festa enmárcase dentro das celebracións do Carmen de Marín e incluíu a preparación dunha paella xigante. Para cociñala utilizáronse uns 30 quilos de arroz, dos que once concineros encabezados por Cuqui Orjales sacaron unhas 500 porcións, cigalas, gambas, luras, peixe sapo, berberechos, polo e coello incluídos, todo produtos frescos mercados na praza de abastos local.
Ambas as dúas coccións xigantes permitiron que todo o que se pasou pola Alameda Rosalía de Castro na noite do venres puidese cear de forma gratuíta un prato de paella e un chopo de queimada. A festa completouse coa música dunha discoteca móbil e a actuación do dúo musical Nova Estrela.