Os avogados alertan de "resultados ciertamente negativos" para Pontevedra coas reformas de Gallardón
Por Redacción
O Colexio de Avogados de Pontevedra está a vivir este 2013 un annus horribilis lexislativamente falando debido ás anunciadas reformas do ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, que ameazan coa supresión de case todos os partidos xudiciais, das Audiencias Provinciais e mesmo dos Colexios de Avogados. Fronte a estas reformas anunciadas e en tramitación, o órgano colexial alerta de que "dadas las singulares circunstancias socioeconómicas de nuestra capital, con enorme dependencia del sector servicios, podría tener resultados ciertamente negativos".
A alerta lanzouna este venres o decano do Colexio, Ramón Jáudenes, durante o acto de imposición da Gran Cruz ao Mérito no Servizo da Avogacía a Eloy Artime Cot, un recoñecemento concedido polo Consejo General de la Abogacía Española tanto "por sus innumerables méritos" á fronte do Colexio pontevedrés e do Consello da Avogacía Galega como "por su trayectoria profesional y persoal".
Jáudenes recordou aos presentes que este acto coincide no ano no que se celebra o 175 aniversario da fundación do Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra, o 18 de agosto de 1838, e nun aniversario como este "resulta necesario reivindicar el importante papel del Colegio de Abogados en nuestra sociedad, en nuestra ciudad".
O decano mostrou o seu "orgullo" porque o Colexio de Avogados é "una verdadera industria de servicios jurídicos, en la que trabajan y de la que dependen muchas familias pontevedresas" e sinalou que ante os anuncios de reformas, se ve "obligado a alzar a voz" en defensa da avogacía e en pro e a favor de Pontevedra porque "a diferencia de los políticos, los abogados carecemos de atadura alguna al momento de defender aquellos postulados que, como es el caso, nos pertenecen por derecho propio".
Anunciou Jáudenes que o Colexio manterá unha "opinión crítica" sempre que xurdan proxectos en contra dos intereses de Pontevedra que "puedan afectar al futuro, no ya nuestro, que también, sino al de nuestros hijos".
Unha vez condecorado, eloxiou a figura do homenaxeado como defensor da institución colexial e da propia cidade de Pontevedra tanto como profesional do dereito como nos cargos que ocupou no sector, decano deste Colexio, presidente do Consello da Avogacía Galega e conselleiro do Consello Xeral da Avogacía Española. Destacou que "a su paso por el decanato, Eloy (Artime) defendió con total oportunidad y gran generosidad a la Abogacía, pero también a la ciudad de Pontevedra, que siempre estarán en deuda con el decano Artime".
En palabras do actual decano pontevedrés, Eloy Artime "lleva toda su vida dando consejos jurídicos y pidiendo justicia en los tribunales" e "se ha ganado el respeto profesional de todos cuantos estamos involucrados en la tarea de la Administración de Justicia".. Insistiu en que a Gran Cruz ao Mérito no Servizo da Avogacía que acaban de impoñerlle é "la distinción más apreciada que puede recibir un abogado" e que a recibe "por méritos propios", como "colofón de una trayectoria personal y profesional de gran abogado, mejor compañero, magnífico decano y presidente del Consello da Avogacía Galega".
Eloy Artime agradeceu a Gran Cruz recén concedida polo Consello Xeral da Avogacía Española por proposta do Colexio de Avogados de Pontevedra e dedicouna a todos os que o acompañaron na súa etapa como decano deste órgano. "Quiero creer que esta distinción es más bien para la Junta de Gobierno, para el colectivo, para el propio colegio de abogados".
No seu discurso marcou a liña que logo seguiría o seu sucesor e actual decano, Ramón Jáudenes, e destacou o importante labor social que realizan os avogados a través da quenda de oficio, ao tempo que recordou grandes agresións a Pontevedra vividas na súa etapa á fronte desta institución, a defensa da "territorialidad contra Vigo", a creación dunha sala do Xulgado do Mercantil ou as multitudinarias manifestacións celebradas en Pontevedra en defensa da capitalidade.
Ao acto asistiron os decanos dos colexios de avogados de Santiago de Compostela, A Coruña e Lugo, así como o vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial Manuel Almenar; o presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra, Francisco Javier Menéndez Estébanez; o fiscal xefe de Pontevedra, Juan Carlos Aladro; e o vicepresidente do Consello Xeral da Avogacía Española e decano do Colexio de Avogados de Vigo, Alfonso Álvarez Gándara.
Alfonso Álvarez Gándara definiu a Eloy Artime como "excelente abogado y gran pontevedrés" e o ex decano do Colexio de Avogados Xavier Munáiz foi o encargado de facer a laudatio do homenaxeado e destacou que as características que mellor lle definen "en lo persoal y en lo profesional" son "la rectitud y la naturalidad". Nas súas palabras definiu a Artime Cot como"una figura que se hace querer, una figura digna de admiración y una persona de una categoría fuera de lo normal".