Liberan un neno ao que lle quedou unha man atrapada nunha porta dunha escola infantil de Poio
Por Redacción
Un neno de pouca idade tivo que ser liberado este venres despois de que unha das súas mans quedara atrapada na porta dunha escola infantil de Poio.
Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 12:45 horas nun centro escolar situado na rúa Oliveira.
Axentes da Policía Local de Poio e os servizos sanitarios do 061 desencaixaron os dedos do pequeno coa axuda dunha ferramenta de apoio e, a continuación, foi atendido polo persoal médico desprazado.
Ao lugar dos feitos, ademais, trasladáronse efectivos do GES de Sanxenxo e de Protección Civil de Poio.