Unha innovadora rede de distribución de biomasa subministrará enerxía térmica no campus
Por Redacción
Ángel Bernardo Tahoces, director xeral de Enerxía e Minas, presentaba este venres en Vigo acompañado polo reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, diversas iniciativas enerxéticas que se realizarán en edificios dos distintos campus.
En concreto no campus universitario de Pontevedra está prevista unha das intervencións máis destacables. Está prevista a instalación dunha rede de distribución de biomasa que aportará enerxía térmica desde unha sala de caldeiras centralizada ás facultades de Ciencias Sociais e da Comunicación e á de Ciencias da Educación e do Deporte.
A axuda procedente da Xunta de Galicia ascende a 624.360 euros para poñer en marcha esta rede que terá unha lonxitude de 340 metros e unha potencia de 2 megawatts.
Con esta actuación e outros seis proxectos de eficiencia enerxética e de aplicación de enerxías renovables estímase que a Universidade de Vigo aforrará anualmente 280.000 euros en facturación eléctrica.