Coñece as condicións para explotar comercialmente o quiosco da praia fluvial da Calzada
Por Redacción
A explotación do quiosco da praia fluvial da Calzada en Ponte Caldelas saíu a licitación este xoves. O Concello pon en marcha unha adxudicación mediante procedemento aberto cunha duración de tres tempadas de explotación: 2020, 2021 e 2022, coa posibilidade de que se prorrogue por un ano máis (2023).
As condicións que se establecen se centran en que o quiosco debe permanecer aberto todos os días entre o 1 de xuño e o 30 de setembro. A persoa adxudicataria poderá solicitar a ampliación do período de apertura por un prazo máximo de dous meses.
O horario, como mínimo, deberá establecerse entre as 16.00 e as 20.00 horas para dar servizo aos usuarios da praia que conta con bandeira azul desde o ano 2015.
O prezo mínimo de licitación sitúase en 1.772,68 euros. As empresas ou os particulares que teñan interese na xestión deste espazo deberán presentar as súas ofertas nun prazo de 15 días. Toda a documentación pode consultarse en www.contratosdegalicia.gal
Relacionadas:
-
A praia fluvial de Ponte Caldelas terá chiringuito este verán
Por Redacción |
-
Visitar Ponte Caldelas, un luxo para os sentidos
Por Noticia patrocinada |
-
Ponte Caldelas presume de bandeira azul na súa praia fluvial
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas licita a explotación do quiosco da praia fluvial
Por Redacción |