Máis de 30 empresas turísticas de Sanxenxo desembarcan en FITUR
Por Redacción
O Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS) e a súa nova xunta directiva, encabezada polo seu presidente Alfonso Martinez Cacheda, está presente un ano máis nunha cita ineludible para o sector turístico do municipio, a Feira Internacional de Turismo Fitur. Nela danse cita máis de 30 empresas de Sanxenxo para presentar as últimas novidades e os seus produtos por centos de potenciais clientes.
A través da súa presenza e participación na feira, para a que dispoñen da área de reunións no stand de Galicia, xestionado polo Clúster Turismo de Galicia, os empresarios de Sanxenxo poñen en valor as mellores calidades do destino, realzando a calidade turística que lidera o sector turístico de Sanxenxo a nivel nacional no que se refire ao cociente número de empresas e destino.
O ICTE recoñécelle a través da entrega a 6 empresarios de Sanxenxo dos diplomas da Q de Calidade
Unha calidade que o ICTE recoñécelle a través da entrega a 6 empresarios de Sanxenxo dos diplomas da Q de Calidade no evento a Noche Q, que terá lugar este xoves en Madrid, distintivos que se suman aos 44 no municipio, aos 115 selos de compromiso de calidade turística SICTED e 8 selos de Galicia Calidade cos que conta Sanxenxo.
De igual forma os empresarios presentan a operadores de turismo nacionais e internacionais a oferta de aloxamento, restauración e oferta complementaria facendo fincapé nos períodos fóra de tempada alta para seguir impulsando a desestacionalización.
Relacionadas:
-
O paraíso natural das Rías Baixas sorprende en FITUR
Por Redacción |
-
O Carlos Oroza sorprende co seu vermú de camelia
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo estrea nova estratexia turística en FITUR
Por Oskar Viéitez |
-
Terras de Pontevedra venderase en Fitur como destino turístico familiar
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación presentará en Fitur a súa campaña turística "Sigue o teu instinto", centrada na natureza
Por Oskar Viéitez |