O forte vento esnaquiza o cristal dunha xoiería
Por Redacción
O forte vento que soprou na tarde deste martes en Pontevedra esnaquizou a porta de cristal dunha xoiería da praza da Peregrina, causando un gran estrondo e danos materiais.
No momento no que se produciu o suceso non había no interior do establecemento ningún cliente, tan só dúas dependentas, que non sufriron danos persoais.
Segundo relatou o propio persoal da tenda, é habitual que teñan a porta de cristal do local aberta e así sucedía este martes cando un refacho de vento golpeouna. A porta golpeouse e estalou polo aire.
As traballadoras do negocio solicitaron presenza policial no lugar, pero dado que non se trata de mobiliario urbano, senón dun ben privado, nada poderán facer os axentes.