Manuel Losada é actualmente funcionario público. Antes, no sector da seguridade privada exerceu como escolta. Primeiro para persoas susceptibles de violencia terrorista; posteriormente para vítimas de violencia de xénero. A experiencia e ferramentas de probados e efectivos resultados, proporcionadas do devandito traballo, conducíronlle a escribir o seu primeiro libro: 'Sin miedo a la bestia'.
Este pontevedrés, fincado en Vilagarcía, conta no Cara a cara como tratou, infructuosamente, que Administracións e institucións editen esta "guía útil para unha nova vida", sen ningún tipo de lucro para el. Como ata a data non foi posible, ofrece a súa descarga gratuíta en Amazon.
Tras ese primeiro título, Manuel Oubiña Losada seguiu dando renda á súa vocación: escribir. En 2017 autoeditó 'La fábrica del olvido'. Neste caso penetrou nun xénero que lle apaixona, o de misterio e terror. Un libro que en Latinoamérica está a ter unha notable aceptación e que recentemente foi motivo de interese do director de cinema Paco Cabezas.
O pasado 2019 publicou 'El Misterior de la isla de Cortegada'. Continúa nese mesmo xénero e esta vez con persoas e emprazamentos reais. E con moi bos resultados de vendas, aquí na súa terra. Non parece que vaia a darlle unha tregua á súa imaxinación, ultima xa a seguinte novela según avanza en PontevedraViva Radio.