O bo tempo aguanta ata o domingo, que dará paso as chuvias
Este luns, as Rías Baixas disfrutan dun ceo despexado e de temperaturas estables. Según o servizo de Meteogalicia as temperaturas serán as normais para esta época do ano, con mínimas estables e máximas que ascenderán moderadamente, e que oscilarán entre os 6 e os 16 grados. Desde o nordeste soprará un forte vento que durará como mínimo ata o mércores e que podera deixar sensacións térmicas máis baixas nalgunas zonas.
Durante o martes 21, os ceos seguirán despexados e as temperaturas máximas chegarán ata os 14 graos e as mínimas ata os 6. Seguirán chegando fortes ventos no nordés que provocarán chuvias na zona norte de Galicia.
O mércores amencerá cos ceos parcialmente nubosos, que irán despexándose ao longo do día. Tamén cesarán os ventos, que perderán a forza durante a xornada. As temperatura ascenderán ata situarse entre os 8 e os 15 grados.
Durante a xornada do xoves nos se esperan grandes cambios. Haberá un leve descenso das temperaturas mínimas e un leve ascenso das máximas, que as situarán entre os 7 e os 16 grados. Teremos un frouxo vento do nordés durante a mañá e que virá do leste nas últimas horas do día.
A partir do venres as temperaturas seguirán mantendose estables cunhas máximas de 15 grados e unas mínimas de 8 grados. As probabilidades de precipitacións serán baixas ata o sábado e aumentarán a partir do domingo. A vindeira semana esperanse choivas e unha suavización das temperaturas.