O Estado rexeita o plan de descontaminación do solar de Elnosa por ser "incompleto e defectuoso"
Por Redacción
O informe presentado pola empresa Elnosa para rexenerar os terreos de dominio público que ocupa en Lourizán foi rexeitado de maneira contundente pola Subdirección Xeral de Residuos.
Nunha resolución deste organismo dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica, que publica o xornalista Carlos García en Páxinas de Faro de Vigo, rexéitase o informe presentado pola clorera por ser "incompleto e defectuoso", ademais de "notablemente incorrecto" e "inconcluso" e nin sequera "contempla minimamente os obxectivos expostos".
A Subdirección Xeral de Residuos sostén que existen "indicios razoables para supoñer a hipótese de que os terreos ocupados pola factoría Elnosa están severamente contaminados".
Despois de 50 anos de actividade fabril e unha vez acabada a concesión da cloreira, a multinacional portuguesa propietaria de Elnosa ten a obriga de devolver os terreos ao seu estado orixinal.
Mentres tanto a Dirección Xeral da Sustentabilidade da Costa e o Mar deu luz verde ao proceso de desmantelamento da fábrica.
Relacionadas:
-
ENCE alerta nun informe interno de verteduras de mercurio á ría procedentes do desmantelamento de Elnosa
Por Redacción |
-
Elnosa destinará 2,6 millones a descontaminar os terreos que ocupaba en Lourizán
Por Alejandro Espiño |
-
Elnosa inicia o proceso para desmantelar a súa fábrica en Lourizán
Por Alejandro Espiño |
-
Costas asegura que ENCE non ocupará os terreos de Elnosa
Por Oskar Viéitez |
-
Carme da Silva pide ao Goberno que esixa a Elnosa a recuperación ambiental dos terreos de Lourizán
Por Redacción |