Rouba a un ancián despois de acompañarlle a facer xestións
Por Oskar Viéitez
A Policía Nacional detivo esta semana un home con múltiples antecedentes policiais como presunto autor dun roubo con violencia que foi denunciado na Comisaría o pasado mes de xullo.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial de Pontevedra, a investigación por parte do Grupo de Delitos Contra as Persoas da Brigada de Policía Xudicial desembocou na identificación deste individuo.
O presunto autor do roubo violento é un veciño de Vilagarcía de Arousa coñecido pola Policía por ter protagonizado outros feitos similares.
Tras abordar a unha persoa de avanzada idade na vía pública e gañarse a súa confianza, acompañoulle en varias xestións polo centro da cidade e unha vez asegurouse de que a vítima tiña unha cantidade reseñable de diñeiro na súa carteira agarrouno polo pescozo e tirouno ao chan para facerse co diñeiro e fuxir do lugar á carreira.
A colaboración de axentes policiais da Comisaría de Vilagarcía de Arousa foi fundamental para a identificación do autor, xa que non se trataba dunha persoa coñecida en Pontevedra.