Cortan dous días a rúa Concepción Arenal para avanzar na súa humanización
Por Redacción
A segunda fase das obras de humanización de Concepción Arenal van a moi bo ritmo e, para seguir avanzado, a partir do próximo martes 21 de xaneiro será necesario realizar un corte de tráfico total, que terá unha duración estimada de dous días.
O corte afectará ao tramo de Concepción Arenal que entronca con Pitanxo e comezará ás 09.15 horas do martes para deixar tempo a que o autobús escolar deixe aos rapaces que paran nesta zona.
Aqueles que circulen por Concepción Arenal desde Pontevedra cara Marín terán que desviarse por José Trasande cara a Avenida de Ourense.
Os que circulen na dirección oposta (cara Pontevedra) deberán coller o desvío pola Rúa Carballiño, podendo reincorporarse a Concepción Arenal utilizando José Trasande, que estará habilitada en dobre sentido.
No caso dos que circulen pola Rúa Pitanxo en dirección Concepción Arenal, terán que desviarse pola Rúa Coteiros.
Todas estas restricións non afectarán nin a aqueles residentes que queiran deixar o seu vehículo nos garaxes, que deberán utilizar tamén José Trasande para acceder a eles, nin aos que precisen utilizar a gasolineira, que manterá a súa actividade.