Sanxenxo recadou máis de 382.000 euros en 2019 por sancións da Policía Local
Por Redacción
As sancións impostas por axentes da Policía Local reportaron ás arcas municipais de Sanxenxo un total de 382.563 euros durante 2019, segundo recolle o informe da empresa encargada da cobranza destas multas.
De toda esta recadación, destacan os 46.208 euros que supuxeron as 540 sancións por ruídos, venda de alcol a menores, vehículos abandonados ou comportamentos incívicos como ouriñar na vía pública.
A Policía Local, pola súa banda, asinou 114 multas por beber alcol na vía pública, o que permitiu a Sanxenxo ingresar 26.189 euros; mentres que outros 5.088 euros foron abonados nos 165 expedientes por incumprir os horarios de peche dos locais de lecer.
Os restantes 305.078 euros, que corresponden a outras 2.942 sancións, foron entre outras cuestións por aparcar en zonas prohibidas, circular por dirección prohibida, non respectar os sinais, condución temeraria, positivos por alcoholemia ou facer uso do móbil ao volante.
Relacionadas:
-
Dous locais de Portonovo e Sanxenxo, precintados por incumprir a ordenanza de ruído
Por Redacción |
-
A Policía Local de Sanxenxo revisa as licenzas dos locais de hostalería e comercios do municipio
Por Redacción |
-
Sanxenxo instalará cámaras para controlar o tráfico e os aparcamentos no municipio
Por Alejandro Espiño |