A Santiña terá plataforma única e reforzará a súa identidade como Camiño de Santiago
Por Alejandro Espiño
Algo máis de 1,2 millóns de euros. É o investimento que prevé realizar o Concello de Pontevedra na reforma integral da Rúa da Santiña, actuación coa que se completará a humanización de todo o trazado do Camiño Portugués que atravesa a trama urbana.
Este proxecto forma parte do "esforzo importante" que, segundo o edil de Obras, está a realizar o goberno municipal para trasladar os estándares de calidade urbana ao barrio do Burgo. Demetrio Gómez espera a reforma da Rúa da Santiña sexa unha realidade en 2021.
Con esta obra, ademais de completar a rehabilitación da trama urbana do camiño de peregrinación a Santiago, o Concello pretende priorizar o uso peonil da rúa e crear novas zonas de estancia no espazo público.
A Rúa da Santiña terá, por tanto, plataforma única, o que probablemente supoñerá unha reordenación dos seus aparcamentos.
Ademais, renovaranse todas as redes dos servizos soterrados e prevese dignificar a "transición" entre a zona urbana e a rural, xa que a rehabilitación será en toda a rúa, desde a praza peonil anexa á Avenida da Coruña ata a súa conexión coa Rúa da Gándara.
Para a redacción do proxecto, o Concello contactou con tres estudos de arquitectura, dous deles con experiencia previa rehabilitando zonas urbanas polas que atravesa o Camiño de Santiago, concretamente o barrio de San Clemente (Santiago) e en Monterroso (Lugo).
O goberno municipal organizou para este xoves unha asemblea veciñal no barrio para dar a coñecer os detalles desta actuación e recoller as achegas e suxerencias que queiran realizar os veciños e veciñas da Rúa da Santiña.
Relacionadas:
-
As reformas da Santiña e da Rúa da Torre, próximas actuacións no Burgo
Por Alejandro Espiño |
-
O martes comezan as obras na Avenida da Coruña
Por Redacción |
-
Reclaman a eliminación inmediata das fochancas da Rúa da Santiña
Por Redacción |
-
Raíña Vitoria e todo o ámbito entre a Alameda e o Gafos, próximo obxectivo da reforma urbana
Por Alejandro Espiño |
-
Sae a licitación a reordenación da avenida da Coruña, que cambiará sentidos de tráfico arredor de Pasarón
Por Redacción |
-
Veciños da Santiña alertan do colapso do vial polo peche dun carril en Domingo Fontán
Por Manu Otero |
-
Máis cambios no Burgo: reforma da Santiña e nova dirección para a Avenida da Coruña
Por Alejandro Espiño |