O PP de Poio rodeará o Concello para protestar contra a subida de impostos
Por Manu Otero
O Partido Popular de Poio rodeará de novo a casa do concello en sinal de protesta contra a subida de impostos "realizada voluntariamente" polo goberno local. O líder da oposición, Ángel Moldes, convida a todos os veciños a participar nesta actividade prevista para o domingo, 26 de xaneiro, ás 13 horas.
Asegura Moldes que moitos veciños puxéronse en contacto cos edís populares para preguntarlles como poderían mostrar o seu descontento coa xestión do goberno de Luciano Sobral, un malestar que, segundo a súa versión, "chegou ao seu punto álxido nas últimas semanas ao coñecerse a solicitude dos tres alcaldes dunha actualización dos valores catastrais, que supoñerá unha subida do IBI e doutros impostos. Aféctanos a todos", alerta.
No PP consideran esta medida "unha estafa política" porque o goberno local "non fixo outra cousa que enganar aos veciños durante os últimos meses. Os tres alcaldes están a actuar en dirección contraria á vontade política dos veciños de Poio e mesmo do que eles primetieron durante a campaña e o que anunciaron no seu pacto de goberno", afirma Ángel Moldes.
Non é a primeira vez que o PP pon en marcha unha medida como esta. En xaneiro do ano pasado xa reuniron aos veciños para rodear o Concello demandando impostos xustos e mellores servizos. Esta medida de presión é "respectuosa, responsable e faise un domingo para non interferir co funcionamieento normal do Concello". E advirten os populares que non será a última protesta, se o goberno local continúa sen escoitar as súas demandas.
Relacionadas:
-
O PP denuncia unha subida do IBI "ás agachadas" en Poio
Por Redacción |
-
Veciños de Poio, convocados polo PP, rodean o Concello para protestar pola suba de impostos
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O PP proporá ao Pleno de Poio a rescisión do contrato coa empresa encargada da recollida do lixo
Por Oskar Viéitez |
-
O PP de Poio pide un pleno extrardinario sobre o IBI en "horario de tarde"
Por Oskar Viéitez |
-
O PP critica que o Concello de Poio non traia a Papá Noel e "adoctrine" coa Apalpadora
Por Oskar Viéitez |
-
Para o PP o orzamento do Concello de Poio é unha "falta de respecto" aos veciños
Por Oskar Viéitez |