O Porto de Marín acolle a operación simultánea de tres buques graneleiros
Por Redacción
Tres buques graneleiros comparten peiraos estes días no Porto de Marín, contabilizando entre os tres unha descarga de 65.000 toneladas de cereal entre trigo, millo e fariña de soia.
Trátase dos mercantes Alberta con 200 metros de eslora e 32 de manga, que chegou procedente de Ucraína e opera no Peirao Oeste para descargar 55.000 toneladas de millo, o Manisa Floyen que deixa 6.000 toneladas de fariña de soia e o Valentina, cuxo último porto foi o francés de Lles Sabres Dâ Olonne e deixa en porto 4.000 toneladas de trigo.
Os tres buques están consignados polo Grupo Nogar.
O dos graneis agroalimentarios é un dos principais tráficos no Porto de Marín, para o que conta con operadores e maquinaria especializada, ademais dunha gran capacidade de almacenamento e servizo ferroviario directo nos peiraos da terminal.
É un os tráficos que contan con certificación europea de calidade no porto.