Novos actos vandálicos contra o mobiliario urbano de Marín
Por Redacción
O Concello de Marín volve mostrar o seu malestar #ante a aparición de material público danado durante as últimas horas na vila. Na Rúa Fondo do Saco, os vándalos volveron a actuar causando danos a unha das macetas situadas nesta zona.
Non foi o único acto de atentado contra o mobiliario urbano porque na Finca de Briz rexistrábanse magulladuras nas bólas de pedra da escalinata deste espazo de lecer público.
As brigadas municipais tiveron que intervir para reparar estes danos e desde o goberno de María Ramallo se lembra que coidar o mobiliario urbano é unha responsabilidade compartida entre a Administración local e a cidadanía. Por este motivo condena estas accións e alerta de que causan un importante gasto de diñeiro público en reparacións.
Relacionadas:
-
Detido o autor dunhas pintadas no casco urbano de Marín
Por Redacción |
-
O Concello de Marín denuncia o roubo de oito espellos de tráfico
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía identifica a "Sick", un mozo marinense ao que lle imputan varios actos vandálicos
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian reiterados actos vandálicos nos baños das praias de Loira e Mogor
Por Redacción |