En 10 minutos "voan" as prazas para participar no primeiro roteiro da Deputación para ver aves
Por Redacción
En tan só 10 minutos cubríanse as 25 prazas que a Deputación, en colaboración con SEO Birdlife, ofrece dentro do programa ' Voando nas Rías Baixas' para a primeira excursión ornitolóxica que está prevista para o 26 de xaneiro na enseada de San Simón.
O prazo abríase na mañá deste luns e, en 20 minutos, a páxina web deste programa da Deputación recibiu máis de 60 solicitudes, despois dunha fin de semana no que se realizaron 1.200 visitas, segundo apuntan desde a Deputación de Pontevedra.
As seguintes excursións, tamén para grupos reducidos de 25 persoas, serán os seguintes días:
O 16 de febreiro vai levarse a cabo o roteiro polo Complexo Intermareal Umia-O Grove, unha zona declarada humidal de importancia internacional e a reserva ornitolóxica máis grande de España. Neste caso poderanse observar aves acuáticas invernantes. O prazo de inscrición estará aberto entre o 3 ao 12 de febreiro.
O 8 de marzo a visita será ao Esteiro do Río Miño e a Foz da Ramallosa, zonas con gran variedade de aves palustres. As persoas interesadas poderanse apuntar entre o 24 de febreiro e o 4 de marzo.
A cuarta excursión desenvolverase o 31 de maio nas Brañas de Xestoso, onde se concentran aves rapaces como o aguia culebrera. O prazo para inscribirse irá do 18 ao 27 de maio.
O último roteiro realizarase á Serra do Suído o 21 de xuño para observar a grandes aves rapaces como o voitre leonado ou o aguia calzada. As datas para apuntarse sitúanse entre o 8 e o 17 de xuño.
Para inscribirse deberá cubrirse o formulario habilitado na páxina web da Deputación.
Relacionadas:
-
Esgotadas as prazas para inscribirse na ruta ornitolóxica pola Serra do Suído
Por Redacción |
-
Un roteiro pola enseada de San Simón estrea a nova edición de 'Voando nas Rías Baixas'
Por Redacción |
-
Este luns 13 ábrese o prazo para apuntarse aos roteiros guiados para observar aves nas Rías Baixas
Por Redacción |
-
Pontevedra abónase ao turismo ornitolóxico coa segunda edición de 'Voando nas Rías Baixas'
Por Redacción |
-
A Deputación promociona o turismo ornitolóxico organizando rutas guiadas con SEO Birdlife
Por Oskar Viéitez |