Escolares de Marín aprenden a crear figuras 3D ao estilo origami
Por Redacción
Desde o 4 de decembro o Museo Manuel Torres atópase centrado no papel grazas á exposición conxunta realizada por Candepapel e Kosmosystem, dous artistas que se encargaron na mañá deste sábado de mostrar aos máis pequenos as posibilidades que presenta este material para crear esculturas en 3D.
Cada participante puido realizar pequenas figuras relacionadas coas técnicas do origami. Estes escolares, con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos, recibiron tamén a visita da alcaldesa María Ramallo durante a sesión.
O obxectivo desta proposta é que os menores descubran as súas habilidades na creación de obras con papel. A exposición de Candepapel e Kosmosystem poderá visitarse ata o 25 de xaneiro.