Presentan un vehículo adaptado a persoas con mobilidade reducida para dar servizo a Ponte Caldelas
Por Redacción
Ponte Caldelas conta cun novo servizo de taxi cun coche adaptado a persoas con mobilidade reducida. Amplíase desta forma a frota de taxis no Concello ao ofrecer este novo servizo para aquelas persoas con discapacidade que carecen dun vehículo para desprazarse.
Armando Adán presentaba ao alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, este vehículo adaptado que xa se atopa dispoñible para axudar a aquelas persoas que requiran dun servizo destas características no municipio.
Ofrece seis prazas, ademais da do condutor e pode adaptarse para levar a unha persoa con mobilidade reducida e catro pasaxeiros máis. Actualmente, Ponte Caldelas conta cun nove taxis.