Sanxenxo recicla o 14% dos seus residuos
Por Redacción
As estatísticas relativas á reciclaxe durante o ano 2019 arroxaron un dato positivo en Sanxenxo, cun incremento do volume de residuos que se reciclaron.
Segundo sinala o Concello, o municipio xerou 12.472.695 quilos de residuos, dos cales o 14,38% foron destinados á reciclaxe (1.794.235 quilos). Isto supón un incremento do 19% con respecto ás cifras do ano anterior.
Grazas a iso púidose reducir en 116.650 quilos os restos orgánicos enviados á planta de Sogama para o seu tratamento.
A nivel máis concreto, a recollida de vidro pasou de 610.850 a 696.810 quilos colleitados (12,33% máis), mentres que o papel aumentou dos 478.132 aos 554.715 quilos (13,80% máis) e os envases fixérono desde os 292.870 aos 332.410 quilos (11,89% máis).
Por último, no que respecta a a recollida de voluminosos, esta aumentou de 130.200 a 210.300 quilos (38,08% máis).
Relacionadas:
-
Sanxenxo supera a media nacional da taxa de reciclaxe de cartón e envase lixeiro por habitante
Por Redacción |
-
Sanxenxo concienciará á súa poboación sobre a importancia de reciclar pola Semana Europea contra os Residuos
Por Redacción |
-
Sanxenxo adquire 200 novos composteiros e un punto limpo móbil
Por Redacción |
-
Sanxenxo súmase á campaña solidaria "Recicla vidro por elas"
Por Redacción |
-
Sanxenxo recicla un 13% máis nos 9 primeiros meses de 2019
Por Oskar Viéitez |