Os pacientes oncolóxicos do Salnés estrean un novo Hospital de Día
Por Redacción
Os pacientes oncolóxicos do distrito sanitario de O Salnés contan dende este venres cun novo Hospital de Día no Hospital do Salnés.
Este servizo está dotado cun oncólogo e unha enfermeira, 5 postos e 252 metros cadrados para recibir tratamentos oncolóxicos ambulatorios.
O novo Hospital de Día facilita o achegamento asistencial a centos de doentes que ata o de agora tratábanse no Hospital Provincial de Pontevedra.
Esta infraestrutura sanitaria, planificada e posta en funcionamento pola Área Sanitaria de Pontevedra, reforza a carteira de servizos asistenciais de tipo ambulatorio do Hospital do Salnés no eido dos tratamentos oncolóxicos e se engade á consulta de Oncoloxía con axenda propia que funciona semanalmente no centro sanitario de Ande-Rubiáns desde outubro de 2016.