O Concello de Sanxenxo mellora o proxecto do novo campo de fútbol de Dorrón

Por Redacción
A parroquia sanxenxina de Dorrón terá novo campo de fútbol. O proxecto xa estaba aprobado, pero o goberno local acaba de incluír diversas melloras como a instalación de herba artificial e a construción dun aparcamento cun novo acceso ao recinto deportivo. As modificacións foron acordadas coa directiva do Dorrón CF e pactadas coa Deputación, que financiará o proxecto valorado en 472.132 euros.
Os cambios no documento consisten en concentrar o investimento no terreo de xogo, que antes era de terra, para realizar unha actuación máis sinxela nas bancadas e os vestiarios, que nun futuro poderán mellorarse.
O céspede sintético que se instalará será de última xeración, de 60mm de altura, lastrado con area e caucho. Nas bandas haberá canlóns para drenar a auga da choiva, ademais contará con seis aspersores para a rega e catro torres de iluminación de 16 metros de altura con catro proxectores de 2.000 watios.
Relacionadas:
-
Malestar na directiva do Dorrón por outro retraso na remodelación do campo de fútbol
Por Manu Otero |
-
A reforma do campo de fútbol de Dorrón será financiada a cargo do orzamento municipal
Por Redacción |
-
O orzamento de Sanxenxo contempla 3,1 millóns de euros para investir nunha ducia de proxectos
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo licita a construción do novo campo de fútbol de Dorrón
Por Redacción |
-
Sanxenxo remodelará o campo de fútbol de Dorrón
Por Redacción |