O programa Ponte Caldelas Termal levará aos maiores de 50 anos a relaxarse
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas pon en marcha o programa Ponte Caldelas Termal 2020 e faino nas mesmas condicións que na pasada edición.
As persoas maiores de 50 anos poderán disfrutar de dúas horas á semana nas Termas de Cuntis ao prezo reducido de 56 euros e con transporte gratuíto.
Poderán participar as persoas empadronadas no municipio que teñan máis de 50 anos e para participar hai que inscribirse no Concello de Ponte Caldelas entre o 20 e o 31 de xaneiro.
O programa Ponte Caldelas Termal desenvolverase os días 6, 13, 20 e 28 de febreiro e permitirá que 54 persoas do municipio poidan disfrutar de dúas horas de descanso, relax e benestar nas augas mineromedicinais do circuito lúdico-termal do Balneario de Cuntis.