A rehabilitación da fachada posterior do Concello de Cuntis, en marcha
Por Redacción
O Concello de Cuntis pon en marcha as obras de rehabilitación da fachada posterior da Casa do Concello, que presenta desde hai anos graves problemas de humidades e filtracións de auga que afectan á saúde de traballadores e veciños, así como ao mantemento dos equipos e materiais. A obra ten un orzamento de 48.400 euros, dos que a Xunta achega 33.900 e a Deputación, 14.000.
O obxectivo principal do proxecto é a mellora da eficiencia enerxética do edificio a través da colocación de placas ventiladas de cerámica na fachada para dar tamén unha imaxe máis moderna e estética a un inmoble de máis de corenta anos de antigüidade.
A humidade que afecta á parede do inmoble está a provocar danos no interior do edificio e xera un ambiente frío e húmido no interior que provoca o malestar dos traballadores. Segundo o proxecto da reforma, con esta actuación mellorarase a calidade nos servizos prestados aos veciños como os de Servizos Sociais, OMIX, Centro de Formación Ocupacional, Policía Local, Oficina Técnica ou Rexistro. Unhas seccións cunha elevada afluencia de usuarios e cun amplo número de traballadores, por iso desde o goberno local consideran prioritarios iniciar as obras canto antes.