O sol do mediodía anima a menores e adultos a recibir o aninovo
Por Redacción
A carpa iglú da praza de España en Pontevedra acollía este mediodía unha curiosa celebración da entrada de ano novo. Os máis pequenos festexaron con chuches e entre xogos a chegada de 2020 mentres dous animadores facían soar unha pequena campá.
Ademais, o público infantil aprendía como se celebra esta festa de cambio de ano en distintos puntos do planeta. A continuación, levaron a cabo diferentes actividades lúdicas situadas neste espazo de Ponte Xogos, que promove o Concello de Pontevedra.
Con motivo da celebración da carreira San Silvestre durante a tarde deste martes na que se esperan ao redor de 7.000 persoas pecharase a actividade na carpa de Ponte Xogos, entre as 16.30 e as 19.00 horas.
MARÍN
Tamén a Alameda de Marín acollía a Festa de Fin de Ano Infantil coa recreación da toma de uvas do inicio de 2020. Durante a festa houbo música para amenizar e un cotillón. A partir das 18.30 horas, os menores recibirán a visita do Apalpador na Alameda nun encontro no que non faltará a chocolatada con churros.
SANXENXO
A praza de Pascual Veiga convertíase en Sanxenxo no escenario onde a asociación O Cubreiro celebrou a festa de fin de ano adiantada onde as persoas que acudiron, moitas con gorros de Nadal, tomaron as uvas con doce horas de antelación a ritmo de charanga.