Catro persoas feridas, dúas delas menores, nun accidente en Poio
Por Redacción
Unha persoa particular alertaba ao Servizo de Emerxencias do 112 Galicia ao redor das 13.40 horas deste luns de que se producira un accidente no lugar de Portosanto, na parroquia de San Salvador no municipio de Poio.
Desde o servizo do 112 Galicia trasladábase a incidencia a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local, ao GES de Sanxenxo e á agrupación de voluntarios de Protección Civil de Poio.
Como consecuencia deste accidente entre dous turismo, catro persoas resultaban feridas, entre elas atopábanse dous menores de idade.