Os propietarios de terreos afectados pola senda entre Coirados e Pardavila, convocados para o 27 de febreiro
Por Redacción
O Boletín Oficial da provincia de Pontevedra publicaba este luns a convocatoria na que se cita ás persoas propietarias de terreos necesarios para executar o itinerario peonil e ciclista que se realizará ao longo de dous quilómetros na estrada autonómica PO-313, entre Coirados e Pardavila, no municipio de Marín.
A cita será o 27 de febreiro no Concello de Marín, entre as 10.00 e as 13.45 horas, para o levantamento das actas previas á ocupación destes terreos, dentro dunha obra que se inclúe no Plan de Sendas de Galicia para a comarca do Morrazo. Esta iniciativa ascende a 720.000 euros.
Nas vindeiras semanas vai publicarse a licitación das obras que se desenvolverán na marxe esquerda da estrada PO-313 pertencente á Xunta que vai desde a vila ata as beirarrúas de Pardavila, tras a conexión coa Variante de Marín.
Crearase, entre outras propostas, unha senda en formigón coloreada de 1,8 metros de ancho medio, aproveitando algunha das beirarrúas existentes. Segundo a Xunta esta actuación pretende aumentar a seguridade das persoas residentes na zona durante os seus desprazamentos diarios e promover unha mobilidade máis sustentable en todo este tramo.
Relacionadas:
-
A empresa Narom fará as obras da senda entre Coirados e Pardavila
Por Redacción |
-
19 empresas, interesadas en acometer as obras da senda peonil despois da Variante de Marín
Por Redacción |
-
A Xunta saca a licitación o proxecto da nova senda de Pardavila na PO-313
Por Redacción |
-
Vía libre para a expropiación de 19 fincas afectadas polo novo itinerario peonil da PO-313
Por Redacción |
-
A Xunta aproba a construción dunha senda peonil e ciclista en Marín entre Coirados e Pardavila
Por Redacción |