En Cuntis o Nadal celébrase por separado
Por Redacción
Xuntos pero non revoltos, así se celebrou o Nadal un ano máis en Cuntis co tradicional xantar de Nadal.
Pola mañá foi a quenda dos homes, que se reuniron na carpa instalada na Praza da Constitución para comer e celebrar as festas, comezando antes cunha sesión vermú polos bares do municipio.
Unha vez concluíron, tócolle a quenda ás mulleres da vila, que estaban convocadas á quenda de cea empezando por unha sesión de viños e terminando cun bo baile.
Unha xornada de gran afluencia de comensais con 175 mulleres rexistradas e 208 homes, todo iso animado con música e coa colaboración dos establecementos comerciais de Cuntis.
Completando a fin de semana de celebración, esta vez xa si todos xuntos, o Clube Xesteiras organizou a súa andaina de Nadal para despedir o ano cun brinde no Monte Xesteiras.