Cuntis esixe a Augas de Galicia a limpeza da canle do río Gallo
Por Redacción
As chuvias das últimas semanas complicaron moito o estado da canle do río Gallo, ao seu paso por Cuntis. De aí que o goberno municipal esixa a Augas de Galicia que efectúe a súa limpeza de xeito inmediato para evitar problemas ou novas inundacións.
As queixas do Concello, que xa foron trasladadas en numerosas ocasións á Xunta, refírense concretamente á zona do río que vai por fóra do casco urbano.
A Cuntis preocúpalle especialmente o atranco que hai na ponte dos Alvariños, por culpa das árbores caídas no río e que, segundo o goberno municipal, está a dificultar a capacidade que ten o Gallo para poder desaugar a canle.
Esta situación, ademais de Augas de Galicia, foi comunicada á gardería de explotación.
Relacionadas:
-
A rehabilitación da fachada posterior do Concello de Cuntis, en marcha
Por Redacción |
-
Os socialistas denuncian os "pírricos" recursos de Augas de Galicia para limpar os ríos
Por Redacción |
-
Renovación para a pasarela de madeira sobre o río Gallo en Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis e Moraña solicitaron a Augas de Galicia a limpeza do río Umia nas zonas expropiadas polo encoro
Por Oskar Viéitez |