Volveu pasar: un vehículo sobe a un pivote en Concepción Arenal
Por Redacción
A historia repítese na praza de Concepción Arenal. Un vehículo volveu a quedar atrapado nun dos pivotes instalados na rotonda para inutilizar unha parte da mesma para o tráfico rodado.
Á primeira hora da tarde deste luns, unha condutora chocou contra un deses pivotes e quedou subida ao mesmo sen ser capaz de mover daquela o seu coche, de modo que quedou atrapada e tivo que chamar ao guindastre.
A Policía Local de Pontevedra desprazouse ao lugar e tomou os datos do citado vehículo e a súa condutora, co obxectivo de tela identificada e poder reclamarlle os danos causados ao patrimonio público pola súa acción.
Segundo a información facilitada pola Policía Local, a condutora explicou aos axentes que se despistou.
O coche quedou enganchado e, segundo fontes policiais, o guindastre trasladado ao lugar tardou bastante tempo en liberalo.
A citada rotonda quedou anulada hai xa dous anos co cambio de sentido para o tráfico aplicado na rúa Alfonso XIII e unha parte da mesma quedou delimitada con pivotes para ampliar a entrada do CEIP Froebel. Desde que se tomou esa medida, xa se produciron varios accidentes similares ao deste luns.
Relacionadas:
-
Só os residentes poderán circular por Alfonso XIII, que pasará a ser o patio de recreo das Doroteas e o Froébel
Por Manu Otero |
-
Un vehículo queda enganchado nun pivote de Concepción Arenal
Por Redacción |
-
Un vehículo queda enganchado nos novos bolardos de Concepción Areal
Por Redacción |
-
Un camión con gabarra cóase en Pontevedra, colapsa o tráfico e remata con dúas denuncias
Por Redacción |