O GES de Valga vaise reubicar en Caldas de Reis
Por Redacción
O Grupo de Emerxencias Supramunicipal que, ata o de agora, tiña sede no municipio pontevedrés de Valga vai a trasladarse a Caldas de Reis. Así o acordou de xeito unánime a comisión de coordinación dos GES celebrada en Santiago de Compostela.
Esta decisión adoptouse despois de que a pasada semana, o Concello de Valga comunicara a súa renuncia a ser sede do grupo que daba servizo tamén aos municipios de Pontecesures, Catoira, Caldas e Portas.
Ante esta situación, buscouse axilizar ao máximo posible o novo destino para que o servizo se seguira prestando con normalidade aos cidadáns destes concellos.
Por iso, a Xunta solicitou a convocatoria da comisión, da que forman parte ademais do goberno galego, as deputacións provinciais e a Fegamp, para decidir de xeito conxunto e consensuado unha nova sede para o servizo.
Os membros da comisión, unha vez analizadas as posibilidades, e co fin de manter o nivel de atención ás emerxencias, segundo o nivel de risco, o histórico de incidencias en cada concello e a isocrona da nova localización, consideraron unanimemente que a mellor opción era o concello de Caldas de Reis.
Relacionadas:
-
Moraña acepta a proposta da Xunta e será a nova sede do GES para a comarca do Ulla-Umia
Por Redacción |
-
"Sorpresa maiúscula" na Deputación pola decisión da Xunta de situar o GES en Moraña
Por Oskar Viéitez |
-
Moraña ofrécese a acoller o GES do Ulla-Umia despois da renuncia de Caldas
Por Redacción |
-
Caldas só adoptará o GES de Valga se o financian os concellos da Mancomunidade do Ulla-Umia
Por Redacción |
-
Caldas rexeita polo momento acoller o GES de Valga ante as "dúbidas" sobre o seu traslado
Por Redacción |