O arranxo da cuberta de Pasarón durará dous meses "como máximo"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
A Xunta de Goberno local del Concello de Pontevedra ven de adxudicar este luns polo procedemento de emerxencia os traballos de restauración da zona da cuberta do Estadio Municipal de Pasarón afectada pola borrasca Elsa.
A intervención foi contratada á firma construtora Acevi cun importe de 35.325 euros e iniciarase asegurando os bordes da cuberta e limpando a área danada de materiais soltos que poidan supoñer un perigo.
A portavoz do Goberno local, Anabel Gulías, informou que o prazo máximo, polo ante, "o prazo no que Pasarón debía estar en perfectas condicións con toda a cuberta completa é de dous meses".
Tal e como anunciara o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, a prioridade pasa por asegurar a zona da que saíron voando as planchas e retirar ferros ou materiais que ameacen a seguridade da xente. Unha vez rematados estes primeiros traballos, en pouco tempo poderase abrir de novo ao tránsito a rúa Luis Otero.
En paralelo, o Concello de Pontevedra xa solicitou as planchas necesarias para repoñer as que foron arrincadas polo temporal. Aínda que estas tardarán cando menos un mes en chegar, a Concellería de Deportes prevé que o Estadio de Pasarón estea aberto ao público para o primeiro partido de Liga que disputará o Pontevedra CF en 2020.