As obras de reforma da rúa Echegaray prolongaranse ata febreiro
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
A reforma de Echegaray prolongarase mais do previsto. A empresa Viaqua, responsable destes traballos, comunicou ao Concello de Pontevedra que as malas condicións climatolóxicas sufridas durante estas semanas afectaron negativamente ao ritmo dos traballos, polo que tivo que pedir unha ampliación do prazo.
Segundo informou a portavoz do goberno local, Anabel Gulías, a nova data de finalización da reforma da rúa é o 24 de febreiro de 2020.
Esta reforma supón un investimento de case 700.000 euros e ten un prazo de execución duns seis meses.
O proxecto contempla dúas redes novas de saneamento, unha a cada lado da rúa, que supoñerá a colocación de 425 metros lineais de tubaxes de 315 mm, 28 pozos de rexistro e 37 acometidas; mentres que a rede de pluviais tamén se cambiará por ambos os lados, con 425 metros lineais de tubaxes de 400 mm, 23 pozos, 37 acometidas e 26 sumidoiros.
Con respecto ao abastecemento de auga, pola súa banda, colocaranse 270 metros de tubaxe de 160 mm, 42 metros de tubaxes de 300 mm e 14 unidades de acometida.
Ademais, renovaranse as canalizacións eléctricas en toda a rúa e, en superficie, ampliaranse as beirarrúas e en ambos os lados haberá aparcamento reservado para servizos que, a diferenza da actualidade, volverán ser en liña.
Relacionadas:
-
As obras de Echegaray rematarán en dez días
Por Manu Otero |
-
A reforma de Echegaray apura os últimos días
Por Redacción |
-
O martes pecha ao tráfico Echegaray e o mércores, Arcebispo Malvar
Por Redacción |
-
Información a condutores: a rúa Echegaray pechará durante o día a partir do luns
Por Redacción |