O 26590 leva o premio gordo da Lotería de Nadal
Por Oskar Viéitez
O Gordo de Nadal saíu pasados 19 minutos das 9 da mañá: O 26590 foi o agraciado con 4 millóns de euros á serie.
O Gordo, un dos máis madrugadores que se lembran, foi vendido, entre outras localidades, en Madrid (en doña Manolita), en Salou (Tarragona), Salamanca e nos municipios alacantinos de San Vicente do Raspeig, Alcoy e Moraira. Ademais, en Suria (Barcelona), na cidade condal, nos municipios murcianos das Torres de Cotilla e Beniajan, e en Sevilla
As dúas aproximacións ao Gordo, os números anterior e posterior, tamén obteñen un premio de 20.000 euros cada unha.
O número foi cantado no cuarto arame da primeira táboa. Noura Alkrouh e Elizabeth do Carmen Roque Figuereo cantaron número e premio.
Relacionadas:
-
RADIO.- Os pontevedreses buscan a sorte no Sorteo de Nadal coas terminacións 19 e 20
Por Marisa Ciordia |
-
Dez décimos do terceiro premio, o 00750, deixan no Grove medio millón de euros
Por Alejandro Espiño |
-
O 74470, un quinto premio repartido en Moraña, Vilagarcía e Cerdedo
Por Redacción |
-
Os pontevedreses gastamos uns 61 euros na lotería de Nadal
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |