A reparación da cuberta de Pasarón farase pola vía de urxencia e custará 35.000 euros
Por Redacción
A cuberta da bancada de Preferencia será reparada pola vía de urxencia e supoñerá un desembolso superior aos 35.000 euros para as arcas municipais. A Oficina Técnica de Arquitectura do concello acaba de remitir á alcaldía o escrito para acometer a obra que xa foi encargada á construtora Acevi.
Os labores comezarán asegurando os bordos da cuberta e limpando a área afectada de calquera material que poida supoñer un perigo. Unha vez asinado o documento de autorización da emerxencia, "a empresa poderá iniciar as obras de repación de forma inmediata", asegura o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, quen espera "abrir ao tránsito a rúa Luís Otero con moita brevidade, pero o prioritario é asegurar a zona na que saíron voando os ferros".
De forma paralela, o Concello solicitará os repostos necesarios para repoñer a parte da cuberta arrincada polo temporal. Aínda que tardarán máis dun mes en chegar, Fernández prevé que o estadio estará aberto ao público para o primeiro partido de liga que os granates disputarán como locais no 2020. "parece improbable que vaiamos ter os ferros instalados para esa data pero en todo caso, unha vez asegurada a cuberta, xa non haberá perigo para que o público poida ocupar o resto das bancadas do campo", rematou o edil socialista.
Relacionadas:
-
O Pontevedra regresa aos adestramentos coas únicas baixas de Berrocal e Javi López
Por Manu Otero |
-
O arranxo da cuberta de Pasarón durará dous meses "como máximo"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Suspendidas as actividades deportivas ao aire libre este sábado 21 pola alerta meteorolóxica
Por Diego Espiño |
-
Clausuran o Estadio Municipal de Pasarón tras desprenderse varias láminas da cuberta de Preferencia
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Suspendido pola choiva aos 16 minutos o Pontevedra-Ibiza de Copa do Rey (0-0)
Por Ramiro Espiño & Cristina Saiz |