É posible unha alternativa natural ao plástico? A celulosa podería ser a solución
O plástico converteuse nun dos grandes problemas ambientais a nivel mundial. Nos últimos anos, o consumo de plástico reduciuse, grazas á concienciación social, pero isto non é suficiente para frear a proliferación dun material que xa constitúe máis do 80% do lixo achado en mares e océanos.
A Unión Europea está a introducir medidas para conter este problema. A partir do ano 2021 quedarán prohibidos en todo o territorio da UE os plásticos dun só uso, como pratos, cubertos, pallas ou bastonciños para os oídos. Neste sentido, a eurodeputada belga Frédérique Ries, responsable da tramitación parlamentaria do texto polo que se prohiben estes obxectos, destacou que a normativa "reducirá a factura dos danos ambientais en 22.000 millóns de euros", que é o custo estimado da contaminación por plástico na UE ata 2030.
En Europa preocupan especialmente os plásticos destinados a embalaxe, que supoñen uns 20,4 millóns de toneladas ao ano. Calcúlase que, para o sector da alimentación, prodúcense anualmente 12,8 millóns de toneladas de plástico. É por iso que neste sector existe un importante campo para a investigación e a aplicación de materiais diferentes ao plástico, como aqueles derivados da celulosa.
ALTERNATIVAS SUSTENTABLES A OBXECTOS COTIÁNS
Existen multitude de obxectos de uso habitual que son realizados a base de plásticos. A continuación, facemos un percorrido sobre aqueles que poden ser facilmente substituídos por outros de orixe natural, con propiedades similares, sustentables, e, ao ser biodegradables, cun impacto menor no medio ambiente:
- Botellas. Poden ser substituídas, por materiais alternativos, como é o caso do aluminio ou o vidro.
- Bolsas da compra de plástico. Tanto os supermercados como os consumidores están altamente concienciados no uso de materiais alternativos e facilmente reutilizables como as bolsas de tea e papel. Neste caso, a celulosa é moi valorada, xa que as bolsas elaboradas con este material son reciclables, ao mesmo tempo que biodegradables.
- Cubertos dun só uso. O bambú eríxese como alternativa sustentable ao plástico para este tipo de utensilios, xa que é resistente e pódese lavar sen problema.
- Pallas. De novo, o papel é a alternativa ecolóxica ás pallas de plástico. Trátase dun papel groso, especialmente tratado para estar en contacto con alimentos.
- Filme de empaquetado. O filme plástico que recubre alimentos e produtos de consumo, así como outros elementos presentes tanto no seu transporte como na venda ao público, xera unha importante cantidade de residuos. De novo a celulosa achega solucións, por exemplo os sistemas a base de fibras de orixe vexetal que substitúen ás argolas plásticas para o transporte de latas de bebida.
- Cepillos de dentes. As alternativas ecolóxicas pasan por cepillos biodegradables e compostables, realizados a base de madeira ou de bambú, e que xa están no mercado.
- Pratos e vasos desbotables. A mellor alternativa é usar vaixelas reutilizables pero, nos casos que non sexa posible, xa existen pratos e vasos desbotables realizados a base de follas de bananeiro, amidón de millo ou papel, todos eles reciclables e compostables.
- Bastonciños para os oídos. Pódense utilizar, en substitución, bastonciños de cartón ou de bambú, que son naturais, ecolóxicos e biodegradables.
- Trapos e baetas. Os trapos de algodón son a opción máis habitual. Pero en casos onde a limpeza sexa máis demandante, existe unha alternativa máis absorbente grazas ás baetas compostables de celulosa, que ofrecen un gran rendemento e pódense lavar moitas veces.
- Poliéster e teas sintéticas. A principal alternativa son as fibras de orixe natural, principalmente o algodón. O problema é que o seu crecemento atópase limitado por superficie. Nesta situación, as fibras naturais procedentes da celulosa, base da fabricación do tecido coñecido como viscosa ou raión, supoñen unha alternativa sustentable para as pezas do futuro. Xa é posible atopar este tipo de teas en moitas pezas das máis recoñecidas firmas de moda.
A CELULOSA DE ENCE
ENCE Enerxía e Celulosa, como empresa produtora de celulosa e grupo comprometido co desenvolvemento sustentable e o coidado e mellora do medio ambiente, traballa para xerar produtos a base de materias primas renovables que substitúen ao plástico en moitos destes usos cotiáns. Trátase de todo tipo de celulosas, procedentes de madeira certificada, de orixe local e renovable, que son a base do papel e dunha longa serie de produtos biodegradables, alternativos aos materiais derivados do petróleo.
Ence tamén ten como obxectivo, dentro do seu Plan Estratéxico, estar presente na produción de fibras téxtiles de orixe natural, a través do investimento que proxecta realizar na súa biofábrica de Navia, para adaptala á fabricación de celulosa coa que se producirá viscosa. Por último, a compañía desenvolve novas liñas de investigación para a aplicación de micro e nano celulosas, coas que elaborar novos materiais. A partir da pasta de celulosa, trabállase na súa adecuación para aplicacións de interese nos sectores químico, de produción de plásticos, papel, embalaxes, cosmética e tratamento de augas.
Relacionadas:
-
A industria papeleira comprométese cun modelo produtivo circular e sostible
Por Noticia patrocinada |
-
Guarro Casas e Ence: celulosa e sustentabilidade
Por Noticia patrocinada |
-
Bioeconomía forestal, fronte á crise enerxética e climática
Por Noticia patrocinada |
-
Ence: contribución á bioeconomía, a economía circular e a transición enerxética
Por Noticia patrocinada |
-
A biofábrica de Ence en Pontevedra volve a mellorar os seus resultados ambientais en 2019
Por Noticia patrocinada |
-
O modelo Ence: sustentabilidade como prioridade estratéxica e contribución á Economía Circular
Por Noticia patrocinada |
-
A industria da celulosa ofrece alternativas para loitar contra o cambio climático
Por Noticia patrocinada |
-
Ence Pontevedra aposta pola economía circular en todos os seus procesos
Por Noticia patrocinada |
-
Forte aumento do número de proxectos presentados á III convocatoria do Plan Social de Ence en Pontevedra
Por Noticia patrocinada |
-
A biofábrica de Ence Pontevedra culmina o seu proxecto de integración paisaxística
Por Noticia patrocinada |