Entrega de almanaques en Bueu que reivindican a igualdade no traballo
Por Redacción
O IES Johán Carballeira de Bueu acollía este martes a presentación da XIII Campaña de Educación Non Sexista que promove o Concello. A presentación centrábase na entrega dos almanaques de peto confeccionados coa imaxe que gañaba o certame de ilustración 'A igualdade no traballo', convocado con motivo da celebración do 8 de marzo. Nestes almanaques reivindícase a igualdade no ámbitol laboral.
Durante o acto participaba a directora do Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Bueu, Montserrat González, que lembraba ao alumnado que o cambio da sociedade radica na xete máis nova.
No evento lembrábase que a través dunha subvecinón da Deputación de Pontevedra, entra en vigor o I Plan de Igualdade Intercentros (2019-2022), que ten como obxectivo que toda a comunidade educativa do municipio respecte as diferenzas e, ao mesmo tempo, fomente a igualdade entre as persoas. A partir de xaneiro, o alumnado de secundaria poderá ver o documental 'Agullas. Historias de supervivencia persoal', no que se recollen testemuñas de mulleres vítimas de violencia de xénero.