Rocío Ramos-Paul fíxose popular pola súa intervención nun exitoso programa televisivo. Posteriormente seguiu colaborando en televisión e radio, escribiu varios libros e compaxina a súa profesión de psicóloga nun gabinete que leva o seu nome. Tamén imparte charlas, como as ofrecidas esta semana en Marín e Sanxenxo e o pasado novembro en Pontevedra organizadas polo CFR, (Centro de Formación e Recursos do Profesorado)
Charlamos con ela no Cara a cara, onde nos fala da tarefa de educar hoxe en día, do papel dos avós ante as demandas de conciliación dos pais nas familias actuais, do esforzo e a responsabilidade na educación; ou que é o método Wits.
En PontevedraViva Radio temos ademais unha parte de charla máis liviá na que Rocío Ramos-Paul dá a súa aprobación ou desaprobación a esas frases que engrosan o archiconocidísmo manual de frases de nai. A quen non lle dixeron nalgunha ocasión iso de: por que?, porque cho digo eu que son a túa nai; que onde están os teus zapatos?, no seu sitio!; como vaia eu vas chorar con motivo; pero ti crícheste que son o Banco de España?, e se os teus amigos tíranse dunha ponte, ti tamén te tiras?; dígocho polo teu ben...